Nesta nova actividade, fixen un marcapáxinas co motivo do "Día das letras galegas".
Este marcapáxinas foi diseñado en Tinkercad en 3D.
Está feito a partir dun simple rectángulo ao que lle fixen unha especie de pinza, utilizando a ferramenta de "oco" para que se poida usar nun libro, e a partir de ahí, o deseño contén unha bandeira de Galicia importada desde "Inkscape" que conmemora a literatura na nosa terra (a franxa da bandeira é un oco) e tamén ten un libro que conmemora a Xela Arias, a autora á que se lle adica esta celebración este ano.
A imaxe é a seguinte:
Como podemos observar, ten tamén texto: o nome de Xela Arias, da celebración, e a data de esta; e unha especie de libro que intentei facer cunhas figuras do programa evitando utilizar outra imaxe xa feita en formato ".svg".
O último paso é agrupar todas as figuras cos ocos para que quede a forma do marcapáxinas que queremos.
Espero que vos gustara!

Comentarios
Publicar un comentario